Política de cookies
Última actualización: 13 de novembro de 2026
Que son as cookies?
As cookies son pequenos ficheiros de texto que os sitios web gardan no voso dispositivo cando os visitades, por exemplo para lembrar que iniciastes a sesión.
Cales utilizamos
Só as imprescindibles para que Menudia funcione: manter a sesión aberta e lembrar o idioma. Non utilizamos cookies de analítica nin de publicidade, e por iso non vos pedimos consentimento con ningún báner.
| Cookie | Para que serve | Duración |
|---|---|---|
| mnd_at | Mantén a sesión iniciada | 15 minutos |
| mnd_rt | Renova a sesión sen volver pedir o contrasinal | 30 días |
| NEXT_LOCALE | Lembra o idioma escollido | Ata que pechedes o navegador |
Que se garda no navegador
Ademais, o navegador garda no voso dispositivo (almacenamento local, non son cookies) o tema claro ou escuro, a cidade que escollestes, as preferencias de dieta e de distancia, a lista de favoritos e os datos básicos da conta para pintar a páxina sen esperas.
Como xestionalas
Podedes borrar ou bloquear as cookies e o almacenamento local desde a configuración do navegador. Se as bloquedes non poderedes iniciar a sesión, pero poderedes seguir mirando os menús.
Responsable e contacto
O responsable desta web é Trocalia Digital S.L., con NIF B70751490 e sede en Barcelona. Para calquera dúbida, escribide a info@menudia.app.